Reflexións

PAULA RODRÍGUEZ
A utilidade desta materia é indiscutible, comezando polo feito de que pode ser aplicada a todos os niveis educativos, resultando unha aprendizaxe transversal. A parte práctica da mesma parece que nos vai proporcionar as ferramentas necesarias para que, cando nos atopemos nun centro dando clase, teñamos a capacidade de adaptarnos ás novas tecnoloxías que vaian aparecendo e así facer da experiencia educativa dos nenos algo moito máis útil. Máis alá dos beneficios desta asignatura, plantéxase como dificultade o uso de certas ferramentas, sobre todo, porque non son unha persoa moi habilidosa coas TIC, sen embargo, son consciente da importancia de poder crear unha páxina web ou un blog para traballar na aula.
SARAI RODRÍGUEZ
Esta materia paréceme moi interesante para lograr un proceso de ensino-aprendizaxe que se torne máis interesante e eficaz para os nosos alumnos e alumnas. A miña maior preocupación é non ser capaz de ter un control axeitado sobre as diferentes ferramentas que imos utilizar. Considero que é unha materia moi importante xa que, na actualidade, a tecnoloxía xoga un papel chave na sociedade e vida dos nenos e nenas, ademais proporciona recursos innovadores, orixinais, chamativos… sen esquecer que utilizando as TIC podemos lograr unha maior repercusión ou impacto para deixar “a nosa pega”. Como expectativa, considero que esta asignatura axudarame a ser capaz de aproveitar os recursos dos que disporei na aula, así como lograr crear sesións que gusten e esperten o desexo de aprender dos nenos/as.
SHEILA POUSA
A priori, considero esta materia fundamental para a nosa formación como mestras, xa que hoxe en día, as tecnoloxías están presentes en todos os ámbitos da nosa vida cotiá e son un recurso moi útil e variado para traballar na aula co alumnado. Sen embargo, debido ao meu escaso coñecemento das TIC, tamén teño bastante medo a enfrentarme a esta materia no caso de que o nivel esixido sexa moi elevado. Malia a estes medos e inseguridades, considero precisa a nosa formación nestes aspectos para poder facer un uso adecuado e completo das TIC. Espero que esta materia me axude a adquirir os coñecementos básicos tecnolóxicos e a mellor maneira de empregalos dun xeito dinámico e adecuado nas aulas de educación primaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario