14 de maio de 2020

DESPEDIDA


Sarai

A nosa experiencia nesta asignatura chega ao seu fin, xunto con fin do cuadrimestre. As expectativas iniciais que tiña sobre esta materia cumpríronse perfectamente, pois penso que aprendín a utilizar as TIC dun xeito moi diferente ao que estaba acostumada: cunha finalidade didáctica e con creatividade. 

As actividades e prácticas realizadas gustáronme moito, na miña opinión, foron tarefas útiles que no futuro probablemente me axuden a desenvolverme dun xeito máis cómodo - neste ámbito - na docencia. Moitos dos coñecementos que gardo serviranme de apoio e referencia á hora de ter que integrar e empregar as TIC na aula. Por outra banda, compartir equipo coas miñas compañeiras axudoume moito a que o traballo desenrolado na asignatura fose levadeiro, o clima "de equipo" é perfecto para lograr traballar motivada. Penso que ter coñecementos previos "informáticos" axuda tamén moito, polo que no meu caso, algunhas prácticas máis pesadas non se me tornaron costa arriba como, ao mellor, puido pasarlle a outros compañeiros e compañeiras. Por último, agradecer a labor das mestras e do mestre que sempre que tivemos algunha duda tentaron solventala do mellor xeito posible.

En conclusión, esta asignatura gustoume moito e cumpliu as miñas expectativas e, tanto a nivel individual como a nivel grupal, sinto que todas funcionamos e traballamos moi ben. 


Sheila

Ao longo deste cuatrimestre poiden comprobrar a utilidade desta materia, pois as opotrunidades que ofrecen as TIC no ámbito eductaivo son moitas e moi variadas, sen embargo, é preciso formar aos futuros docentes no uso destas para que adquiran un dominio adecuado e fagan un bó uso delas. Ademais, esta materia exerceu un papel concienciador sobre o porqué de empregar estes recursos na aula, e, e que máis alá dos seus múltiples usos ten características que favorecen a aprendizaxe, tales como a motivación e a interactividade. 

Pola outra banda, cómpre destacar que na rede tamén hai riscos e perigos, e a formación dos docentes nestas son imprescindobles pois en moitos casos han de serveir como guías do alumnado. Tamén cabe destacar que grazas a impartición desta materia decubrín moitas aplicacións e webs onde crear recursos educativos, así como, a cómo crealos. Así pois, nos días de hoxe e no rápido avance e importante lugar que ten a tecnoloxía na nosa sociedade, considero esta materia de vital importancia na formación daquelas persoas dedicadas ao ámbito eductaivo.

Como conclusión, só dicir que pola miña parte, grazas aos coñecementos adquiridos, estou máis animada a nun futuro facer uso das TIC na aula. 

E para finzalizar, gustaríame agraceder as miñas compañeiras por facer esta materia moito máis levadeira e por, a pesares da situación, traballar nun ambiente colaborativo e de motivación.



Paula

A estas alturas do curso, chega a hora de rematar con esta materia (e con todas as demais), o que nos leva a facer unha reflexión final sobre a mesma e todo o que nos aportou. Cando comezamos o cuatrimestre, reflexionamos sobre as expectativas que tiñamos con respecto a esta materia, e como críamos que nos ía a axudar. Hoxe podo dicir que todas se cumpliron, e que a utilidade das actividades prácticas que desenvolvemos e excelente, xa que nun futuro, cando exerza o meu papel como docente, vaime permitir introducir numerosos recursos á hora de dar clase, aproveitando as TIC e facendo o tempo na aula máis ameno.

Ademais, o traballo coas miñas compañeiras foi perfecto, xa que ao ter realizado proxectos xuntas anteriormente, sabíamos os puntos fortes de cada unha, o que nos permitiu que o reparto de tarefas fose moito mellor. Así mesmo, o clima no que traballamos foi moi positivo, aportando continuamente ideas e consellos sobre como mellorar, xa que en moitas ocasións, non se limitaba únicamente a realización de proxectos senon que resultaba divertido e captaba plenamente o noso interés.

Como conclusión, a utilidade desta materia é un punto moi destacable da mesma, así como todo o que nos aportou traballar en grupos. Finalmente, tamén agradecer as miñas compañeiras por facer todo este proceso moito máis sinxelo.

26 de abr. de 2020

E - book

A alimentación é fundamental na nosa vida cotiá, polo que consideramos que é de vital importancia que o alumnado sexa consciente de esto así como capaz de desenvolver uns adecuados hábitos alimenticios. Con esta misma finalidade elaboramos o noso proxecto, un e-book, no que tratamos uns coñecementos básicos sobre este tema e no que se inclúen actividades para axudar ao tratamento destes contidos.

Pola outra banda, ao longo da realización deste proxecto decatámonos das múltiples posibilidades que nos ofrece o uso das TIC no ámbito educativo. Así pois, este proxecto resultounos de gran utilidade para, nun futuro, animarnos a facer uso das mesmas  na aula.


A continuación adxuntamos o noso e-book:

3 de abr. de 2020

Webquest

A continuación, compartimos convosco a webquest creada e titulada "Elaborando un menú saudable". 

Nela podedes encontrar toda a información necesaria tanto para realizar ás actividades como para coñecer os obxectivos e a forma de avaliación. Todas as imaxes utilizadas son de uso libre e están atribuídas ao seu autor ou autora.

31 de mar. de 2020

Recursos Interactivos

Hoxe gustaríanos presentarvos os 8 recursos interactivos que logramos crear e cuxa finalidade non é outra que fomentar os hábitos saudables no noso alumnado. Elaboramos este proxecto educativo centrado no curso de 3º de Primaria e encadrándonos na materia de Ciencias da Natureza. A día de hoxe ,cremos que non fai falla recordar a importancia de ter unha dieta equilibrada e, sobre todo, de fomentar este estilo de vida nos máis e nas máis cativas. Cremos que a implicación das familias é fundamental, pero tamén das escolas e é neste contexto no que nós poderemos actuar. A continuación, poderás visualizar e probar os recursos xerados:

A función de nutrición: recurso a través do cal podemos traballar a función de nutrición, os aparatos implicados na mesma e os tipos de nutrientes xunto coa súa función.


Adiviñas - Tipos de alimentos (clasificación): recurso a través do cal podemos traballar a clasificación dos alimentos (de orixe vexetal, animal ou mineral). Ofrece unha serie de adiviñas que tratan de axudar ao neno ou nena a chegar á resposta correcta.
A Alimentación: Unha Viaxe Intergaláctica: recurso interactivo modo conto a través do cal traballamos a cultura da alimentación, a pirámide alimenticia, hábitos saudables, comidas típicas… Conta unha historia e ofrece interacción cos alumnos e alumnas.
Relacionar Columnas: Nutrintes: recurso a través do cal podemos traballar os tipos de nutrintes e as súas funcións. Ofrece dúas columnas e os alumnos e alumnas terán que relacionar un recadro da esquerda cun recadro da dereita.


Pirámide da alimentación - Historia: recurso a través do cal dous personaxes interactúan e explican a pirámide da alimentación. Os nenos e nenas teñen que ler a pequena historia.


Cuestións básicas sobre a alimentación - Kahoot: recurso interactivo tipo trivial no cal se traballan cuestións básicas sobre a alimentación. Os nenos e nenas han de respostar a través dun dispositivo electrónico, á vez e cun límite de tempo específico. No trascurso do xogo xérase un ranking. Entre cada resposta, a mestra pode ofrecer unha explicación para solventar as dúbidas.
Dieta equilibrada - Kahoot: recurso interactivo tipo trivial no cal se traballa que é unha dieta equilibrada. Os nenos e nenas han de repostar a través dun dispositivo electrónico, á vez e cun límite de tempo específico. No transcurso do xogo xérase un ranking. Concretamente, os e as participantes obterán unha definición do que é unha dieta equilibrada e, despois, terán que elexir se os exemplos seguintes son menús equilibrados ou non. Entre cada resposta, a mestra pode ofrecer unha explicación para solventar as dúbidas.


Pasapalabra da alimentación: recurso que simula o concurso de pasapalabra, no que os nenos e nenas teñen que escribir a palabra que crean correspondente en función da letra e da pista ofrecida.

Ferramenta Genially

Para elaborar os nosos recursos interactivos tivemos que facer uso de ferramentas coas que previamente nunca traballamos. Neste caso, inda que existen moitas páxinas web/ferramentas que permiten a creación de recursos interactivos, gustaríanos destacar a ferramenta Genially. Esta ferramenta permite a creación de diferentes recursos e, sobre todo, permite unha alta personalización, polo que podes adaptar o contido ao teu alumnado de xeito que esperte o interese neles e nelas. Entre outras, podes crear:  

- Presentacións 
- Infografías 
- Quiz's 
- Mapas Conceptuais 
- Video Presentacións 

Todos os elementos que podes engadir ao teu recurso Genially teñen a opción de ser interactivos. Ademais, permite xerar contido de xeito colaborativo polo que, tanto eu como as miñas compañeiras, podiamos modificar e mellorar o recurso á vez. En canto a interface, é sinxela e permite obter grandes resultados sen ser un ou unha experta. 

Na nosa opinión, é a mellor ferramenta para xerar recursos interactivos polo seu atractivo e a súa versatilidade. 

12 de mar. de 2020

VIDEORECEITA XEADO SAUDABLE

Tal e como comentamos na anterior entrada do blog, a elaboración dun xeado saudable foi a nosa proposta didáctica. Non mencionaremos de novo os obxectivos, contidos e a metodoloxía empregada, pero queremos repetir que o obxectivo principal desta actividade era fomentar os hábitos saudables a través dunha actividade cooperativa co manexo e uso das TIC. 

Para a montaxe do vídeo utilizamos o programa Camtasia Studio e, tanto a música como as imaxes, teñen unha licenza que permite o seu uso. 

Esperamos que vos guste,

Grazas!


3 de mar. de 2020

Linguaxe audiovisual

Elaboramos unha proposta didáctica para 3º de Primaria, encadrada na materia de Ciencias Naturais, centrándonos no ámbito de alimentación saudable.
A nosa proposta consiste na elaboración dunha receita por parte dos nenos e nenas dun xeado de chocolate saudable, para ensinarlles que aqueles alimentos que lles gustan tamén poden elaborarse dun xeito sá. Os nenos e nenas dividiranse en grupos e cada un destos será o encargado de elaborar a receita, grabar o proceso e logo editar o vídeo.

Os contidos que se traballan nesta proposta son:

- Peso
- Volume
- Manexo das TIC
- Tipos de alimentos e dietas
- Traballo en equipo
- Función de nutrición
- Análise de etiqueta de produtos
- Hábitos saudables para previr enfermidades

O obxectivo desta actividade é fomentar hábitos saudables a través dunha actividade cooperativa co manexo e uso das TIC.

Segundo a nosa metodoloxía, os alumnos e alumnas elaborarán unha receita saudable e farán un video tutorial, o que significa que o único papel que desempeña a mestra é o de guía.

As ferramentas que usamos son diversas, dende o programa Canva (para a creación do póster da receita e da proposta didáctica) como cámaras para a grabación do vídeo e finalmente o programa de edición chamado Camtasia Studio.

PÓSTER PROPOSTA DIDÁCTICA


PÓSTER RECEITA


18 de feb. de 2020

Expectativas de mellora


Recursos atopados


En xeral, os recursos que atopamos non nos pareceron moi útiles, xa que a maioría unicamente se centran no aspecto máis teórico sobre a alimentación, olvidando que esta pode ser unha ferramenta para traballar outras disciplinas. Consideramos, así mesmo, que non existen demasiados materiais sobre esta temática.

Para comezar, escollemos vídeos ao parecernos unha forma interesante de abordar este tema, pero de novo, céntranse no aspecto máis nutricional. Como recurso dixital a súa utilidade é evidente dado que partindo destes podemos realizar outras actividades cos alumnos. A nosa intención como docentes é integralos na aula dun xeito máis dinámico e conseguir que o noso alumnado poida desenvolver outras capacidades como o pensamento crítico ou a capacidade de expresarse oralmente ao comentalo en voz alta.

Como excepción, atopamos un recurso dixital que recolle a visualización de vídeos (anuncios de zumes) e, a partir de aí, organízanse actividades interdicisplinares que fomentan o traballo en grupo, as familias deben participar e desenrólase unha conciencia crítica por implicar tanto á cultura como ó consumo responsable. Esto achégase máis a nosa idea de traballo na aula ao recoller actividades que implican as novas tecnoloxías, pero utilizándoas de xeito transversal (cultura e valores).

Ademais, os xogos que escollemos porque inicialmente pensamos que poderían resultar entretidos para os nosos alumnos, ao ser elementos que poden captar facilmente a súa atención, resultaron ser recursos con moi pouco feedback, pouco dinámicos e pouco motivadores. Pensamos que se poderían mellorar, por exemplo, felicitando aos alumnos cando as respostas sean as correctas e introducindo niveis para que os rapaces manteñan a atención durante máis tempo ao xerarlles interese.


A nosa aportación


Baseándonos nos recursos que vimos no proceso de elaboración deste proxecto consideramos que é necesario modificar a base coa que están plantexados. É dicir, pensamos que o noso traballo pode achegar novas ideas ao implicar un uso máis efectivo das tecnoloxías, e especialmente, ao recoller a alimentación dende diferentes perspectivas: cultura (pratos típicos de distintos países), matemáticas (cantidades nas receitas) e, evidentemente, a promoción dun estilo de vida saudable.

Póster



*Enlace para interactuar co póster:

4 de feb. de 2020

O noso proxecto


A elección do noso proxecto foi un longo proceso de reflexión no que xurdiron diversas dúbidas e plantexámonos diferentes temáticas a tratar. Finalmente, chegamos á conclusión de que un tema interesante para tratar na Educación Primaria é a alimentación.

No ano 2018, un estudo da Iniciativa Europea de Vigilancia de la Obesidad Infantil de la Organización Mundial de la Salud declarou que, en España, un 19% dos nenos e un 17% das nenas teñen obesidade.*

A nosa finalidade é a creación dun Ebook (un libro dixital) no que, ademais de promover hábitos alimenticios saudables, traballaremos a través de receitas tradicionais de outras culturas a diversidade. Cremos que é unha temática que ofrece múltiples oportunidades para traballar outros contidos tales como: matemáticas, ciencias naturais, historia...