Sarai
A nosa experiencia nesta asignatura chega ao seu fin, xunto con fin do cuadrimestre. As expectativas iniciais que tiña sobre esta materia cumpríronse perfectamente, pois penso que aprendín a utilizar as TIC dun xeito moi diferente ao que estaba acostumada: cunha finalidade didáctica e con creatividade.
As actividades e prácticas realizadas gustáronme moito, na miña opinión, foron tarefas útiles que no futuro probablemente me axuden a desenvolverme dun xeito máis cómodo - neste ámbito - na docencia. Moitos dos coñecementos que gardo serviranme de apoio e referencia á hora de ter que integrar e empregar as TIC na aula. Por outra banda, compartir equipo coas miñas compañeiras axudoume moito a que o traballo desenrolado na asignatura fose levadeiro, o clima "de equipo" é perfecto para lograr traballar motivada. Penso que ter coñecementos previos "informáticos" axuda tamén moito, polo que no meu caso, algunhas prácticas máis pesadas non se me tornaron costa arriba como, ao mellor, puido pasarlle a outros compañeiros e compañeiras. Por último, agradecer a labor das mestras e do mestre que sempre que tivemos algunha duda tentaron solventala do mellor xeito posible.
En conclusión, esta asignatura gustoume moito e cumpliu as miñas expectativas e, tanto a nivel individual como a nivel grupal, sinto que todas funcionamos e traballamos moi ben.
Sheila
Ao longo deste cuatrimestre poiden comprobrar a utilidade desta
materia, pois as opotrunidades que ofrecen as TIC no ámbito
eductaivo son moitas e moi variadas, sen embargo, é preciso formar
aos futuros docentes no uso destas para que adquiran un dominio
adecuado e fagan un bó uso delas. Ademais, esta materia exerceu un
papel concienciador sobre o porqué de empregar estes recursos na
aula, e, e que máis alá dos seus múltiples usos ten
características que favorecen a aprendizaxe, tales como a motivación
e a interactividade.
Pola outra banda, cómpre destacar que na rede
tamén hai riscos e perigos, e a formación dos docentes nestas son
imprescindobles pois en moitos casos han de serveir como guías do
alumnado. Tamén cabe destacar que grazas a impartición desta
materia decubrín moitas aplicacións e webs onde crear recursos
educativos, así como, a cómo crealos. Así pois, nos días de hoxe
e no rápido avance e importante lugar que ten a tecnoloxía na nosa
sociedade, considero esta materia de vital importancia na formación
daquelas persoas dedicadas ao ámbito eductaivo.
Como conclusión, só
dicir que pola miña parte, grazas aos coñecementos adquiridos,
estou máis animada a nun futuro facer uso das TIC na aula.
E
para finzalizar, gustaríame agraceder as miñas compañeiras por
facer esta materia moito máis levadeira e por, a pesares da
situación, traballar nun ambiente colaborativo e de motivación.
Paula
A estas alturas do curso, chega a hora de rematar con esta materia (e con todas as demais), o que nos leva a facer unha reflexión final sobre a mesma e todo o que nos aportou. Cando comezamos o cuatrimestre, reflexionamos sobre as expectativas que tiñamos con respecto a esta materia, e como críamos que nos ía a axudar. Hoxe podo dicir que todas se cumpliron, e que a utilidade das actividades prácticas que desenvolvemos e excelente, xa que nun futuro, cando exerza o meu papel como docente, vaime permitir introducir numerosos recursos á hora de dar clase, aproveitando as TIC e facendo o tempo na aula máis ameno.
Ademais, o traballo coas miñas compañeiras foi perfecto, xa que ao ter realizado proxectos xuntas anteriormente, sabíamos os puntos fortes de cada unha, o que nos permitiu que o reparto de tarefas fose moito mellor. Así mesmo, o clima no que traballamos foi moi positivo, aportando continuamente ideas e consellos sobre como mellorar, xa que en moitas ocasións, non se limitaba únicamente a realización de proxectos senon que resultaba divertido e captaba plenamente o noso interés.
Como conclusión, a utilidade desta materia é un punto moi destacable da mesma, así como todo o que nos aportou traballar en grupos. Finalmente, tamén agradecer as miñas compañeiras por facer todo este proceso moito máis sinxelo.

