31 de mar. de 2020

Recursos Interactivos

Hoxe gustaríanos presentarvos os 8 recursos interactivos que logramos crear e cuxa finalidade non é outra que fomentar os hábitos saudables no noso alumnado. Elaboramos este proxecto educativo centrado no curso de 3º de Primaria e encadrándonos na materia de Ciencias da Natureza. A día de hoxe ,cremos que non fai falla recordar a importancia de ter unha dieta equilibrada e, sobre todo, de fomentar este estilo de vida nos máis e nas máis cativas. Cremos que a implicación das familias é fundamental, pero tamén das escolas e é neste contexto no que nós poderemos actuar. A continuación, poderás visualizar e probar os recursos xerados:

A función de nutrición: recurso a través do cal podemos traballar a función de nutrición, os aparatos implicados na mesma e os tipos de nutrientes xunto coa súa función.


Adiviñas - Tipos de alimentos (clasificación): recurso a través do cal podemos traballar a clasificación dos alimentos (de orixe vexetal, animal ou mineral). Ofrece unha serie de adiviñas que tratan de axudar ao neno ou nena a chegar á resposta correcta.
A Alimentación: Unha Viaxe Intergaláctica: recurso interactivo modo conto a través do cal traballamos a cultura da alimentación, a pirámide alimenticia, hábitos saudables, comidas típicas… Conta unha historia e ofrece interacción cos alumnos e alumnas.
Relacionar Columnas: Nutrintes: recurso a través do cal podemos traballar os tipos de nutrintes e as súas funcións. Ofrece dúas columnas e os alumnos e alumnas terán que relacionar un recadro da esquerda cun recadro da dereita.


Pirámide da alimentación - Historia: recurso a través do cal dous personaxes interactúan e explican a pirámide da alimentación. Os nenos e nenas teñen que ler a pequena historia.


Cuestións básicas sobre a alimentación - Kahoot: recurso interactivo tipo trivial no cal se traballan cuestións básicas sobre a alimentación. Os nenos e nenas han de respostar a través dun dispositivo electrónico, á vez e cun límite de tempo específico. No trascurso do xogo xérase un ranking. Entre cada resposta, a mestra pode ofrecer unha explicación para solventar as dúbidas.
Dieta equilibrada - Kahoot: recurso interactivo tipo trivial no cal se traballa que é unha dieta equilibrada. Os nenos e nenas han de repostar a través dun dispositivo electrónico, á vez e cun límite de tempo específico. No transcurso do xogo xérase un ranking. Concretamente, os e as participantes obterán unha definición do que é unha dieta equilibrada e, despois, terán que elexir se os exemplos seguintes son menús equilibrados ou non. Entre cada resposta, a mestra pode ofrecer unha explicación para solventar as dúbidas.


Pasapalabra da alimentación: recurso que simula o concurso de pasapalabra, no que os nenos e nenas teñen que escribir a palabra que crean correspondente en función da letra e da pista ofrecida.

Ferramenta Genially

Para elaborar os nosos recursos interactivos tivemos que facer uso de ferramentas coas que previamente nunca traballamos. Neste caso, inda que existen moitas páxinas web/ferramentas que permiten a creación de recursos interactivos, gustaríanos destacar a ferramenta Genially. Esta ferramenta permite a creación de diferentes recursos e, sobre todo, permite unha alta personalización, polo que podes adaptar o contido ao teu alumnado de xeito que esperte o interese neles e nelas. Entre outras, podes crear:  

- Presentacións 
- Infografías 
- Quiz's 
- Mapas Conceptuais 
- Video Presentacións 

Todos os elementos que podes engadir ao teu recurso Genially teñen a opción de ser interactivos. Ademais, permite xerar contido de xeito colaborativo polo que, tanto eu como as miñas compañeiras, podiamos modificar e mellorar o recurso á vez. En canto a interface, é sinxela e permite obter grandes resultados sen ser un ou unha experta. 

Na nosa opinión, é a mellor ferramenta para xerar recursos interactivos polo seu atractivo e a súa versatilidade. 

12 de mar. de 2020

VIDEORECEITA XEADO SAUDABLE

Tal e como comentamos na anterior entrada do blog, a elaboración dun xeado saudable foi a nosa proposta didáctica. Non mencionaremos de novo os obxectivos, contidos e a metodoloxía empregada, pero queremos repetir que o obxectivo principal desta actividade era fomentar os hábitos saudables a través dunha actividade cooperativa co manexo e uso das TIC. 

Para a montaxe do vídeo utilizamos o programa Camtasia Studio e, tanto a música como as imaxes, teñen unha licenza que permite o seu uso. 

Esperamos que vos guste,

Grazas!


3 de mar. de 2020

Linguaxe audiovisual

Elaboramos unha proposta didáctica para 3º de Primaria, encadrada na materia de Ciencias Naturais, centrándonos no ámbito de alimentación saudable.
A nosa proposta consiste na elaboración dunha receita por parte dos nenos e nenas dun xeado de chocolate saudable, para ensinarlles que aqueles alimentos que lles gustan tamén poden elaborarse dun xeito sá. Os nenos e nenas dividiranse en grupos e cada un destos será o encargado de elaborar a receita, grabar o proceso e logo editar o vídeo.

Os contidos que se traballan nesta proposta son:

- Peso
- Volume
- Manexo das TIC
- Tipos de alimentos e dietas
- Traballo en equipo
- Función de nutrición
- Análise de etiqueta de produtos
- Hábitos saudables para previr enfermidades

O obxectivo desta actividade é fomentar hábitos saudables a través dunha actividade cooperativa co manexo e uso das TIC.

Segundo a nosa metodoloxía, os alumnos e alumnas elaborarán unha receita saudable e farán un video tutorial, o que significa que o único papel que desempeña a mestra é o de guía.

As ferramentas que usamos son diversas, dende o programa Canva (para a creación do póster da receita e da proposta didáctica) como cámaras para a grabación do vídeo e finalmente o programa de edición chamado Camtasia Studio.

PÓSTER PROPOSTA DIDÁCTICA


PÓSTER RECEITA