Elaboramos unha proposta didáctica para 3º de Primaria, encadrada na materia de Ciencias Naturais, centrándonos no ámbito de alimentación saudable.
A nosa proposta consiste na elaboración dunha receita por parte dos nenos e nenas dun xeado de chocolate saudable, para ensinarlles que aqueles alimentos que lles gustan tamén poden elaborarse dun xeito sá. Os nenos e nenas dividiranse en grupos e cada un destos será o encargado de elaborar a receita, grabar o proceso e logo editar o vídeo.
Os contidos que se traballan nesta proposta son:
- Peso
- Volume
- Manexo das TIC
- Tipos de alimentos e dietas
- Traballo en equipo
- Función de nutrición
- Análise de etiqueta de produtos
- Hábitos saudables para previr enfermidades
O obxectivo desta actividade é fomentar hábitos saudables a través dunha actividade cooperativa co manexo e uso das TIC.
Segundo a nosa metodoloxía, os alumnos e alumnas elaborarán unha receita saudable e farán un video tutorial, o que significa que o único papel que desempeña a mestra é o de guía.
As ferramentas que usamos son diversas, dende o programa Canva (para a creación do póster da receita e da proposta didáctica) como cámaras para a grabación do vídeo e finalmente o programa de edición chamado Camtasia Studio.
PÓSTER PROPOSTA DIDÁCTICA
PÓSTER RECEITA


Ningún comentario:
Publicar un comentario