Hoxe gustaríanos presentarvos os 8 recursos interactivos que logramos crear e cuxa finalidade non é outra que fomentar os hábitos saudables no noso alumnado. Elaboramos este proxecto educativo centrado no curso de 3º de Primaria e encadrándonos na materia de Ciencias da Natureza. A día de hoxe ,cremos que non fai falla recordar a importancia de ter unha dieta equilibrada e, sobre todo, de fomentar este estilo de vida nos máis e nas máis cativas. Cremos que a implicación das familias é fundamental, pero tamén das escolas e é neste contexto no que nós poderemos actuar. A continuación, poderás visualizar e probar os recursos xerados:
A función de nutrición: recurso a través do cal podemos traballar a función de nutrición, os aparatos implicados na mesma e os tipos de nutrientes xunto coa súa función.
Link: A función de nutrición
Adiviñas - Tipos de alimentos (clasificación): recurso a través do cal podemos traballar a clasificación dos alimentos (de orixe vexetal, animal ou mineral). Ofrece unha serie de adiviñas que tratan de axudar ao neno ou nena a chegar á resposta correcta.
A Alimentación: Unha Viaxe Intergaláctica: recurso interactivo modo conto a través do cal traballamos a cultura da alimentación, a pirámide alimenticia, hábitos saudables, comidas típicas… Conta unha historia e ofrece interacción cos alumnos e alumnas.
Relacionar Columnas: Nutrintes: recurso a través do cal podemos traballar os tipos de nutrintes e as súas funcións. Ofrece dúas columnas e os alumnos e alumnas terán que relacionar un recadro da esquerda cun recadro da dereita.
Pirámide da alimentación - Historia: recurso a través do cal dous personaxes interactúan e explican a pirámide da alimentación. Os nenos e nenas teñen que ler a pequena historia.
Link: Pirámide da Alimentación
Cuestións básicas sobre a alimentación - Kahoot: recurso interactivo tipo trivial no cal se traballan cuestións básicas sobre a alimentación. Os nenos e nenas han de respostar a través dun dispositivo electrónico, á vez e cun límite de tempo específico. No trascurso do xogo xérase un ranking. Entre cada resposta, a mestra pode ofrecer unha explicación para solventar as dúbidas.
Dieta equilibrada - Kahoot: recurso interactivo tipo trivial no cal se traballa que é unha dieta equilibrada. Os nenos e nenas han de repostar a través dun dispositivo electrónico, á vez e cun límite de tempo específico. No transcurso do xogo xérase un ranking. Concretamente, os e as participantes obterán unha definición do que é unha dieta equilibrada e, despois, terán que elexir se os exemplos seguintes son menús equilibrados ou non. Entre cada resposta, a mestra pode ofrecer unha explicación para solventar as dúbidas.
Pasapalabra da alimentación: recurso que simula o concurso de pasapalabra, no que os nenos e nenas teñen que escribir a palabra que crean correspondente en función da letra e da pista ofrecida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario