Recursos atopados
En xeral, os recursos que atopamos non nos pareceron moi útiles, xa que a maioría unicamente se centran no aspecto máis teórico sobre a alimentación, olvidando que esta pode ser unha ferramenta para traballar outras disciplinas. Consideramos, así mesmo, que non existen demasiados materiais sobre esta temática.
Para comezar, escollemos vídeos ao parecernos unha forma interesante de abordar este tema, pero de novo, céntranse no aspecto máis nutricional. Como recurso dixital a súa utilidade é evidente dado que partindo destes podemos realizar outras actividades cos alumnos. A nosa intención como docentes é integralos na aula dun xeito máis dinámico e conseguir que o noso alumnado poida desenvolver outras capacidades como o pensamento crítico ou a capacidade de expresarse oralmente ao comentalo en voz alta.
Como excepción, atopamos un recurso dixital que recolle a visualización de vídeos (anuncios de zumes) e, a partir de aí, organízanse actividades interdicisplinares que fomentan o traballo en grupo, as familias deben participar e desenrólase unha conciencia crítica por implicar tanto á cultura como ó consumo responsable. Esto achégase máis a nosa idea de traballo na aula ao recoller actividades que implican as novas tecnoloxías, pero utilizándoas de xeito transversal (cultura e valores).
Ademais, os xogos que escollemos porque inicialmente pensamos que poderían resultar entretidos para os nosos alumnos, ao ser elementos que poden captar facilmente a súa atención, resultaron ser recursos con moi pouco feedback, pouco dinámicos e pouco motivadores. Pensamos que se poderían mellorar, por exemplo, felicitando aos alumnos cando as respostas sean as correctas e introducindo niveis para que os rapaces manteñan a atención durante máis tempo ao xerarlles interese.
Baseándonos nos recursos que vimos no proceso de elaboración deste proxecto consideramos que é necesario modificar a base coa que están plantexados. É dicir, pensamos que o noso traballo pode achegar novas ideas ao implicar un uso máis efectivo das tecnoloxías, e especialmente, ao recoller a alimentación dende diferentes perspectivas: cultura (pratos típicos de distintos países), matemáticas (cantidades nas receitas) e, evidentemente, a promoción dun estilo de vida saudable.
Póster
Póster
*Enlace para interactuar co póster:

Ningún comentario:
Publicar un comentario